Como colaborar

Asistindo ás reunións periódicas da ANPA. 

Asistindo ás asembleas que se convocan ao longo do curso.

Participando nas actividades que se organicen.

Usando o buzón da ANPA situado xunto á porta de conserxaría, na entrada do centro, onde podedes deixar notas, comentarios, suxestións, ideas, críticas, propostas...

Usando recursos como este blog e a conta de correo da ANPA.

Hai tantas formas de colaborar como pais e nais. Podes propoñer a túa.

E se queres facelo pero non podes, contacta connosco e buscaremos xuntos unha solución.