lunes, 20 de junio de 2016

HORARIO EXTRAORDINARIO

Bo día !!!

      Estamos na recta final do curso. As notas recóllense o vindeiro día 27 de xuño, o mesmo día no que comeza o prazo para formalizar a matrícula para o curso 2016 - 2017. 

       Durante os últimos días deste mes de xuño e os primeiros do vindeiro xullo, o noso horario será:

XUÑO:

  • Luns 27 de xuño de 12:00 a 13:00 horas
  • Martes 28 e xoves 30 de 10:00 a 13:00 horas
XULLO:

  • Martes 5 e xoves 7 de 10:00 a 13:00 horas

LEMBRADE:


     Os libros adquiridos con cheque e os prestados polo centro (incluídos os do ANPA) teñen que ser entregados aos profesores/as.

     Os que comprastes pola vosa conta, podedes doalos ao ANPA, entregándoos no local durante o novo horario ou depositándoos na porta co nome e apelidos do alumno/a.


viernes, 10 de junio de 2016

FONDO DE LIBROS E AXUDAS 2016-2017

Boas tardes!!!

    Como vos comunicou o Centro na circular enviada o pasado día 3 de xuño, está aberto o prazo para solicitar


  • Participar no FONDO DE LIBROS DE TEXTO (1º e 3º ESO)
  • AXUDAS para a ADQUISICIÓN DE LIBROS  (2º e 4º ESO)
  • AXUDAS para mercar MATERIAL ESCOLAR (1º, 2º, 3º E 4º ESO)
    O prazo de pesentación de solicitudes remata o vindeiro día 23 de xuño (éste incluído). É un requisito imprescindible ter devoltos todos os libros recibidos no instituto, tanto do Centro como deste ANPA. De non facelo, quedarán EXCLUÍDOS AUTOMÁTICAMENTE.

Faino en beneficio de tod@s !!!

jueves, 9 de junio de 2016

DEVOLUCIÓN DE LIBROS DE TEXTO

        Como xa sabedes, este curso 2015 - 2016 a xestión do banco de libros correu a cargo do instituto. Os libros da ANPA, forman parte do "Fondo Solidario de Libros de Texto", polo que tedes que ter en conta que:

  • Os alumn@s de 1º e 3º da ESO que mercaron libros usando o "cheque"
  • Todos os alum@s usuarios do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTOS (entregados na aula polos profesores e profesoras ou recollidos no local da ANPA)

están obrigados a devolvelos na súa totalidade, do contrario, serán excluídos da participación no Fondo Solidario e das axudas para a adquisición no curso 2016-2017


Xa vos iremos informando

jueves, 2 de junio de 2016

GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN !!!

O pasado día 30, finalizou a campaña de colaboración coa Fundación GLORR

Ano a ano, demostramos a solidaridade dos pais e nais do noso centro en favor das persoas menos favorecidas. Dende este ANPA queremos demostrarvos o noso sinceiro agradecemento.


GRAZAS !!!!!