jueves, 6 de octubre de 2016

CAMPAÑA FUNDACIÓN GLORR OUTONO-INVERNO 2016

Bos días!!!

Novamente, tanto a Fundación GLORR coma este ANPA, queremos agradecervos a vosa colaboración. 




GRAZAS !!!!!

viernes, 9 de septiembre de 2016

XA ESTAMOS DE VOLTA!!!

Boas tardes,
Co comezo do curso voltamos ao traballo. Durante este mes, de forma extraordinaria, ampliamos o noso horario para axudarvos no que poidamos (de 10:00 a 11:00 horas)


Esperámosvos!!!


lunes, 20 de junio de 2016

HORARIO EXTRAORDINARIO

Bo día !!!

      Estamos na recta final do curso. As notas recóllense o vindeiro día 27 de xuño, o mesmo día no que comeza o prazo para formalizar a matrícula para o curso 2016 - 2017. 

       Durante os últimos días deste mes de xuño e os primeiros do vindeiro xullo, o noso horario será:

XUÑO:

  • Luns 27 de xuño de 12:00 a 13:00 horas
  • Martes 28 e xoves 30 de 10:00 a 13:00 horas
XULLO:

  • Martes 5 e xoves 7 de 10:00 a 13:00 horas

LEMBRADE:


     Os libros adquiridos con cheque e os prestados polo centro (incluídos os do ANPA) teñen que ser entregados aos profesores/as.

     Os que comprastes pola vosa conta, podedes doalos ao ANPA, entregándoos no local durante o novo horario ou depositándoos na porta co nome e apelidos do alumno/a.


viernes, 10 de junio de 2016

FONDO DE LIBROS E AXUDAS 2016-2017

Boas tardes!!!

    Como vos comunicou o Centro na circular enviada o pasado día 3 de xuño, está aberto o prazo para solicitar


  • Participar no FONDO DE LIBROS DE TEXTO (1º e 3º ESO)
  • AXUDAS para a ADQUISICIÓN DE LIBROS  (2º e 4º ESO)
  • AXUDAS para mercar MATERIAL ESCOLAR (1º, 2º, 3º E 4º ESO)
    O prazo de pesentación de solicitudes remata o vindeiro día 23 de xuño (éste incluído). É un requisito imprescindible ter devoltos todos os libros recibidos no instituto, tanto do Centro como deste ANPA. De non facelo, quedarán EXCLUÍDOS AUTOMÁTICAMENTE.

Faino en beneficio de tod@s !!!

jueves, 9 de junio de 2016

DEVOLUCIÓN DE LIBROS DE TEXTO

        Como xa sabedes, este curso 2015 - 2016 a xestión do banco de libros correu a cargo do instituto. Os libros da ANPA, forman parte do "Fondo Solidario de Libros de Texto", polo que tedes que ter en conta que:

  • Os alumn@s de 1º e 3º da ESO que mercaron libros usando o "cheque"
  • Todos os alum@s usuarios do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTOS (entregados na aula polos profesores e profesoras ou recollidos no local da ANPA)

están obrigados a devolvelos na súa totalidade, do contrario, serán excluídos da participación no Fondo Solidario e das axudas para a adquisición no curso 2016-2017


Xa vos iremos informando

jueves, 2 de junio de 2016

GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN !!!

O pasado día 30, finalizou a campaña de colaboración coa Fundación GLORR

Ano a ano, demostramos a solidaridade dos pais e nais do noso centro en favor das persoas menos favorecidas. Dende este ANPA queremos demostrarvos o noso sinceiro agradecemento.


GRAZAS !!!!!

martes, 17 de mayo de 2016

NOVA COLABORACIÓN COA FUNDACIÓN GLORR

Nova Campaña de colaboración coa fundación GLORR

Unha vez máis pedimos a vosa colaboración na campaña de recollida de textil, roupa e calzado usado en beneficio da ONG Global Humanitaria e destinada para os nenos e nenas do noso país.

Podedes usar as bolsas da Fundación que están xunto conserxería ou calquera das que tedes na vosa casa  e depositala pechada na porta da ANPA. 

A data límite para facelo será ata o próximo día 30 deste mes de maio

Gracias pola vosa colaboración!!!

viernes, 1 de abril de 2016

ASEMBLEA DE SOCI@S

Bo día!!!

Convocámosvos a asemblea de soci@s que terá lugar o vindeiro día 5 de abril ás 16:30 horas no Salón de Actos (sala de usos múltiples) para tratar, entre outros:

- Temas relativos ao vindeiro curso académico (cuotas de socios, axudas, libros...).

- A composición da nova Xunta Directiva.

- Outros temas.


Contamos con vós !!!!