jueves, 29 de octubre de 2015

DONACIÓN MATERIAL ESCOLAR

Bo día !!!

A asociación de ANPAS, CONFAPA, fíxonos entrega duns lotes de material escolar composto por:

Afialápices, barras de cola, Bolígrafos (azul, vermello e negro), carpetas de anillas, fundas multitaladro, gomas de borrar Tipp-Ex, follas cuadriculadas recambio arquivador, xogos de compás completos, lápices BIC HB, libretas A4 cuadriculadas, portaminas e recargas, reglas (escuadra, cartabón, regla e angular), rotrings, rotuladores - subraiadores (amarelo, rosa e verde) e Tipp-Ex corrector.

Os días pasados entregámosllos a Beatriz L., xefa do departamento de plástica, para o seu uso nas aulas e para que faiga entrega do mesmo a aqueles nen@s que consideren necesario (en función das súas necesidades).



viernes, 23 de octubre de 2015

FIN CAMPAÑA OUTONO FUNDACIÓN GLORR

Bo día !!!

O pasado luns 19 finalizou a Campaña de recollida de textil, roupa e calzado que dende fai uns anos facemos para colaborar coa Fundación GLORR.

Novamente queremos darvos as grazas pola vosa participación, foi todo un éxito e dende este ANPA queremos agradecérvolo.




          MOITAS GRAZAS !!!!



viernes, 2 de octubre de 2015

CAMPAÑA RECOLLIDA ROUPA FUNDACIÓN GLORR



Nova Campaña de colaboración coa fundación GLORR

Unha vez máis pedimos a vosa colaboración na campaña de recollida de textil, roupa e calzado usado en beneficio da ONG Global Humanitaria e destinada para os nenos e nenas do noso país.
Poderedes depositar a vosa bolsa pechada na porta da ANPA. A data límite para facelo será ata o próximo día 19 deste mes de outubro.
Gracias pola vosa colaboración!!!