viernes, 18 de septiembre de 2015

COMEZA O REPARTO DE LIBROS

Bo día !!!!

Na reunión celebrada está mañá, nos informaron que o Reparto de Libros de Texto para Todos os alumnos da ESO, realizarase nos primeiros días desta semana e farao o profesor ou profesora que imparte a asignatura.

BO FIN DE SEMANA !!!

jueves, 10 de septiembre de 2015

COMEZA O CURSO 2015 - 2016

Xa están aquí de novo !!! 

O 15 de setembro, os rapaces e rapazas de IES Terra de Trasancos inician unha nova andaina neste Centro que esperamos sexa o máis productiva posible obtendo fantásticos resultados.

Tras falar co Instituto, a programación para o primeiro día de clase é a seguinte:
  • Recollida na parada correspondente cara o centro: 1/2 hora antes da presentación (10:45 aproximadamente)
  • Presentación na aula: ás 11:15 horas (non terá clase na tarde)
  • Saíran do centro e collerán o autobús que lles corresponda (dependendo do transporte):
                - Estudantes da ESO: 12:45 horas

                - Usuarios de transporte privado: 12:15 horas
 

A TER EN CONTA:
  •  Para este primeiro día só debe traer un caderno e un bolígrafo. 
  • Os que pediron taquilla, elexirán a máis próxima á aula e comunicarannos o número correspondente no horario da ANPA.


LEMBRADE TRAER OS LIBROS PENDENTES TANTO DA ANPA COMO DO CENTRO PARA OPTAR AO PRÉSTAMO ESTE ANO

DÁMOSVOS A BENVIDA !!!!

martes, 8 de septiembre de 2015

BANCO DE LIBROS

Bos Días!!!

En relación ao reparto dos libros para todos os cursos da ESO, temos novidades:

1) Os alumn@s de 2º e 4º da ESO que se apuntasen no mes de Xuño ao FONDO DE LIBROS do Centro, terán os libros que lles piden aportados polo Instituto.
O resto, beneficiaranse do BANCO DE LIBROS DA ANPA que tamén lles repartirán os profesor@s de cada materia.

2) Os alumn@s de 1º e 3º da ESO, naquelas asignaturas nas que se manteñan os libros de edicións anteriores, tamén será o Centro o encargado de repartilos (tanto os do propio Centro como os da ANPA).
Os das edicións do 2015, teredes que mercalos, pero ESPERADE AO COMEZO DAS CLASES para facelo.

PD: Para evitar confusións:

- FONDO DE LIBROS: Ë o formado polos que tivechedes que entregar no Centro e que adquiríchedes con cheque.

- BANCO DE LIBROS: É o xestionado pola ANPA con libros doados polos alumn@s.


miércoles, 2 de septiembre de 2015

AXUDAS ADQUISICIÓN MATERIAL ESCOLAR

Bos días de novo!!

Onte A Xunta de Galicia publicou no DOGA unha bolsa de axudas para a adquisición de material escolar para primaria e secundaria

Se estades interesad@s podedes premer no seguinte enlace:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150901/AnuncioG0164-240815-0002_gl.pdf