lunes, 31 de agosto de 2015

XA ESTAMOS DE VOLTA !!!

Bos días!!!

Despois destas curtas vacacións, encaramos o comenzo desde novo curso académico. 

Como xa vos comentamos no mes de xuño, aínda quedan por entregar algúns libros dos rapaces e rapazas que se presentan á convocatoria de setembro.

Unha cuestión importante é a de cando vos entregamos os libros para este vindeiro curso; o Instituto ten previsto repartir os seus na primeira quincena de setembro. A partir de ahí, e cos libros que vos falten, será cando nos iniciemos a distribución.

Nos vos preocupedes, vos iremos informando puntualmente.

O horario extraordinario para este mes será a partir do día 1 de setembro, de 9:30 a 12:00 horas

Se non estamos, deixade os libros nunha bolsa co nome do alumno ou alumna na porta do local da ANPA.

VEMONOS !!!!