miércoles, 10 de junio de 2015

CAMPAÑA "BANCO DE LIBROS" 2015 - 2016



Boas noites!!!!

           Como xa vos informamos na reunión mantida este luns, a nosa intención é a de continuar co Banco de Libros na medida que nos sexa posible en beneficio de tod@s, para eso vos pedimos que:

  •   Nos devolvades todos os libros que vos prestamos. Podedes deixalo no local do ANPA gardados nunha bolsa pechada co voso nome para que poidamos comprobar se están todos co listado do que dispoñemo
  • As datas para devolvelos serán entre o LUNS 22 e o VENRES 26 DESTE MES
  • Se por calquera circunstancia non estiveramos no local da ANPA, podedes deixalos ao pe da nosa porta e xa nos encargamos de gardalos.

É CONDICIÓN IMPRESCINDIBLE devolver todos os libros recibidos en préstamo para acceder novamente ao intercambio.
            
          Tamén recordarvos que deixedes valeiras e abertas as taquillas o día 18 de xuño.



martes, 9 de junio de 2015

PROXECTO BANCO DE LIBROS: "NINGÚN NENO SEN LIBROS"

Bos días!!!

Na Asamblea celebrada onte, 8 de xuño de 2015, na que contamos coa presenza do Director Cristóbal, acordamos colaborar co Centro para intentar manter o máximo número posible de libros de texto para o vindeiro curso académico 2015-2016 pese aos importantísimos cambios provocados pola aplicación da LOMCE, o que repercutirá moi negativamente nos nosos petos: RECORTES NAS AXUDAS para a adquisición e só para algúns cursos, así como, a condición ineludible de  DEVOLVER AO CENTRO TODOS OS LIBROS ADQUIRIDOS co cheque da Xunta.

E IMPRESCINDIBLE contar coa vosa total colaboración para conseguir levalo a cabo polo que vos pedimos que revisedes e devolvades todos os libros que vos prestamos para este ano e intentedes conseguir todos os que poidades

Nos vindeiros días iremos informándovos sobre:
  • As datas de recollida e entrega dos libros
  • Todo o que vaiamos sabendo sobre os cambios provocados pola aplicación da LOMCE

¡¡¡¡ INVOLUCRÁDEVOS EN BENEFICIO DE TOD@S !!!! 

jueves, 4 de junio de 2015

CONVOCATORIA ASAMBLEA ORDINARIA

Este luns, día 8 de xunio, convocámosvos á reunión que terá lugar na Sala de Usos Múltiples do Centro

  • Primeira Convocatoria: 16:00 horas
  • Segunda Convocatoria: 16:30 horas

Na que trataremos os seguintes temas:

  1. Lectura e aprobación da Acta anterior, se procede
  2. Estado de Contas
  3. Aprobación das cotas de socios/as para o curso 2015 - 2016
  4. Aprobación dos prezos das taquillas  para vindeiro curso
  5. Proxecto de Intercambio de Libros e as novidades para o vindeiro ano académico. Estará presente o director do centro, Cristóbal, para explicar cómo se xestionará o intercambio de libros do Centro e os cheques para a sua adquisición.
  1. Turno de rogos e preguntas
Sen mais, esperamos contar coa vosa presenza en beneficio de todos