jueves, 17 de diciembre de 2015

BO NADAL !!!!!


SORTEO DE CESTAS DO NADAL

Parabéns @s agraciad@s!!!!

No sorteo dos 5 lotes navideños celebrado no Salón de Actos resultaron agraciad@s:

  • Kira Guerra F. - 1º ESO
  • Nerea Armada R. - 3º ESO
  • Diego López N. - 4º ESO
  • Diego Sanjurjo T. - 1º ADMINISTRATIVO
  • Alejandro Ponce M. - 2º BACH

Ademáis, para agradecer a presenza d@s rapac@s que participaron no sorteo, entre todos os presentes, repartimos 24 vales para a cafetería.


Noraboa @s agraciad@s!!!!!


FIN DA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS

Bo día !!!

Grazas pola vosa colaboración na campaña de Recollida de alimentos para o banco de Narón.

MOITAS GRAZASSSSS!!!!

 

jueves, 3 de diciembre de 2015

RECOLLIDA DE ALIMENTOS

Bo día!!!!

Xa tenos na entrada do centro as caixas destinadas á recollida. Lembrade que estarán ata o vindeiro martes 15.




ESPERAMOS A VOSA COLABORACIÓN !!!!!!

miércoles, 2 de diciembre de 2015

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS E SORTEO DE LOTES NAVIDEÑOS



Bo día !!!
Despois da asamblea de socios/as celebrada onte no salón de usos múltiples, acordamos entre outros, os seguintes puntos:
a) Continuar un ano máis co sorteo de lotes navideños, este ano serán 5, entre tódolos membros desta asociación

b) Novamente nestas datas como en anos anteriores, faremos unha recollida de alimentos. Neste caso para o "Centro de Recursos Solidarios de Narón" - polígono das Lagoas.
- A partir do venre 4 ata o vindeiro martes 15
- Como xa escoitaríades, nesta campaña piden: aceite, conservas, leite, produtos para o almorzo e merenda... (contan con cantidades necesarias de pasta, arroz, legumes...)
- Tamén piden voluntari@s para colaborar la loxística e distribución dos produtos (os interesad@s deben inscribirse no Concello en Servicios Sociais)



De antemán agradecémosvos a vosa desinteresada Colaboración

jueves, 26 de noviembre de 2015

ASEMBLEA SOCI@S

Bo día!!!

Convocámosvos a asemblea de soci@s que terá lugar o vindeiro día 1 de decembro ás 16:30 horas na sala de usos múltiples para tratar diversos temas.

Contamos con vós !!!!

jueves, 29 de octubre de 2015

DONACIÓN MATERIAL ESCOLAR

Bo día !!!

A asociación de ANPAS, CONFAPA, fíxonos entrega duns lotes de material escolar composto por:

Afialápices, barras de cola, Bolígrafos (azul, vermello e negro), carpetas de anillas, fundas multitaladro, gomas de borrar Tipp-Ex, follas cuadriculadas recambio arquivador, xogos de compás completos, lápices BIC HB, libretas A4 cuadriculadas, portaminas e recargas, reglas (escuadra, cartabón, regla e angular), rotrings, rotuladores - subraiadores (amarelo, rosa e verde) e Tipp-Ex corrector.

Os días pasados entregámosllos a Beatriz L., xefa do departamento de plástica, para o seu uso nas aulas e para que faiga entrega do mesmo a aqueles nen@s que consideren necesario (en función das súas necesidades).



viernes, 23 de octubre de 2015

FIN CAMPAÑA OUTONO FUNDACIÓN GLORR

Bo día !!!

O pasado luns 19 finalizou a Campaña de recollida de textil, roupa e calzado que dende fai uns anos facemos para colaborar coa Fundación GLORR.

Novamente queremos darvos as grazas pola vosa participación, foi todo un éxito e dende este ANPA queremos agradecérvolo.




          MOITAS GRAZAS !!!!



viernes, 2 de octubre de 2015

CAMPAÑA RECOLLIDA ROUPA FUNDACIÓN GLORR



Nova Campaña de colaboración coa fundación GLORR

Unha vez máis pedimos a vosa colaboración na campaña de recollida de textil, roupa e calzado usado en beneficio da ONG Global Humanitaria e destinada para os nenos e nenas do noso país.
Poderedes depositar a vosa bolsa pechada na porta da ANPA. A data límite para facelo será ata o próximo día 19 deste mes de outubro.
Gracias pola vosa colaboración!!!

viernes, 18 de septiembre de 2015

COMEZA O REPARTO DE LIBROS

Bo día !!!!

Na reunión celebrada está mañá, nos informaron que o Reparto de Libros de Texto para Todos os alumnos da ESO, realizarase nos primeiros días desta semana e farao o profesor ou profesora que imparte a asignatura.

BO FIN DE SEMANA !!!

jueves, 10 de septiembre de 2015

COMEZA O CURSO 2015 - 2016

Xa están aquí de novo !!! 

O 15 de setembro, os rapaces e rapazas de IES Terra de Trasancos inician unha nova andaina neste Centro que esperamos sexa o máis productiva posible obtendo fantásticos resultados.

Tras falar co Instituto, a programación para o primeiro día de clase é a seguinte:
  • Recollida na parada correspondente cara o centro: 1/2 hora antes da presentación (10:45 aproximadamente)
  • Presentación na aula: ás 11:15 horas (non terá clase na tarde)
  • Saíran do centro e collerán o autobús que lles corresponda (dependendo do transporte):
                - Estudantes da ESO: 12:45 horas

                - Usuarios de transporte privado: 12:15 horas
 

A TER EN CONTA:
  •  Para este primeiro día só debe traer un caderno e un bolígrafo. 
  • Os que pediron taquilla, elexirán a máis próxima á aula e comunicarannos o número correspondente no horario da ANPA.


LEMBRADE TRAER OS LIBROS PENDENTES TANTO DA ANPA COMO DO CENTRO PARA OPTAR AO PRÉSTAMO ESTE ANO

DÁMOSVOS A BENVIDA !!!!

martes, 8 de septiembre de 2015

BANCO DE LIBROS

Bos Días!!!

En relación ao reparto dos libros para todos os cursos da ESO, temos novidades:

1) Os alumn@s de 2º e 4º da ESO que se apuntasen no mes de Xuño ao FONDO DE LIBROS do Centro, terán os libros que lles piden aportados polo Instituto.
O resto, beneficiaranse do BANCO DE LIBROS DA ANPA que tamén lles repartirán os profesor@s de cada materia.

2) Os alumn@s de 1º e 3º da ESO, naquelas asignaturas nas que se manteñan os libros de edicións anteriores, tamén será o Centro o encargado de repartilos (tanto os do propio Centro como os da ANPA).
Os das edicións do 2015, teredes que mercalos, pero ESPERADE AO COMEZO DAS CLASES para facelo.

PD: Para evitar confusións:

- FONDO DE LIBROS: Ë o formado polos que tivechedes que entregar no Centro e que adquiríchedes con cheque.

- BANCO DE LIBROS: É o xestionado pola ANPA con libros doados polos alumn@s.


miércoles, 2 de septiembre de 2015

AXUDAS ADQUISICIÓN MATERIAL ESCOLAR

Bos días de novo!!

Onte A Xunta de Galicia publicou no DOGA unha bolsa de axudas para a adquisición de material escolar para primaria e secundaria

Se estades interesad@s podedes premer no seguinte enlace:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150901/AnuncioG0164-240815-0002_gl.pdf

lunes, 31 de agosto de 2015

XA ESTAMOS DE VOLTA !!!

Bos días!!!

Despois destas curtas vacacións, encaramos o comenzo desde novo curso académico. 

Como xa vos comentamos no mes de xuño, aínda quedan por entregar algúns libros dos rapaces e rapazas que se presentan á convocatoria de setembro.

Unha cuestión importante é a de cando vos entregamos os libros para este vindeiro curso; o Instituto ten previsto repartir os seus na primeira quincena de setembro. A partir de ahí, e cos libros que vos falten, será cando nos iniciemos a distribución.

Nos vos preocupedes, vos iremos informando puntualmente.

O horario extraordinario para este mes será a partir do día 1 de setembro, de 9:30 a 12:00 horas

Se non estamos, deixade os libros nunha bolsa co nome do alumno ou alumna na porta do local da ANPA.

VEMONOS !!!!

martes, 7 de julio de 2015

BO VERÁN !!!!

NOS DESPEDIDOS ATA O MES DE SETEMBRO, no que voltaremos para recoller os libros pendentes dos rapaces e rapazas desta convocatoria e para entregarvos os deste curso 2015-2016.  


XA VOS IREMOS INFORMANDO.

Se queredes facervos soci@s da ANPA podedes tramitalo polo banco e despositar o recibo xunto co formulario (que vos entregaron co impreso da matrícula do Centrona nosa caixa de correo no instituto ou podedes esperar ata setembro e facerlo en efectivo no local da ANPA.



BOAS VACACIÓNS !!!!!
lascosasdejuampa1.blogspot.com

LISTAS PUBLICADAS NO IES TERRA DE TRASANCOS

Bos días !!!

Xa publicaron no taboleiro de anuncios do Centro as seguintes listas:
  • Está aberto o PRAZO DE SOLICITUDE DO TRANSPORTE PRIVADO PARA O VINDEIRO CURSO 2015 - 2016 dende o 1 de Xullo ata o 8 de setembro nas OFICINAS DE AUTOS CAMILO
  • As listas de ADMITIDOS para o vindeiro curso académico
  • A Relación Alfabética AXUDAS CONCEDIDAS para BACHARELATO e CICLOS FORMATIVOS
Está pendente a publicación provisional da lista dos alumn@s de 2º e 4º da ESO que solicitaron os libros do banco xestionado polo Centro (contan que sexa a partir do vindeiro 9 de Xullo)


miércoles, 10 de junio de 2015

CAMPAÑA "BANCO DE LIBROS" 2015 - 2016



Boas noites!!!!

           Como xa vos informamos na reunión mantida este luns, a nosa intención é a de continuar co Banco de Libros na medida que nos sexa posible en beneficio de tod@s, para eso vos pedimos que:

  •   Nos devolvades todos os libros que vos prestamos. Podedes deixalo no local do ANPA gardados nunha bolsa pechada co voso nome para que poidamos comprobar se están todos co listado do que dispoñemo
  • As datas para devolvelos serán entre o LUNS 22 e o VENRES 26 DESTE MES
  • Se por calquera circunstancia non estiveramos no local da ANPA, podedes deixalos ao pe da nosa porta e xa nos encargamos de gardalos.

É CONDICIÓN IMPRESCINDIBLE devolver todos os libros recibidos en préstamo para acceder novamente ao intercambio.
            
          Tamén recordarvos que deixedes valeiras e abertas as taquillas o día 18 de xuño.



martes, 9 de junio de 2015

PROXECTO BANCO DE LIBROS: "NINGÚN NENO SEN LIBROS"

Bos días!!!

Na Asamblea celebrada onte, 8 de xuño de 2015, na que contamos coa presenza do Director Cristóbal, acordamos colaborar co Centro para intentar manter o máximo número posible de libros de texto para o vindeiro curso académico 2015-2016 pese aos importantísimos cambios provocados pola aplicación da LOMCE, o que repercutirá moi negativamente nos nosos petos: RECORTES NAS AXUDAS para a adquisición e só para algúns cursos, así como, a condición ineludible de  DEVOLVER AO CENTRO TODOS OS LIBROS ADQUIRIDOS co cheque da Xunta.

E IMPRESCINDIBLE contar coa vosa total colaboración para conseguir levalo a cabo polo que vos pedimos que revisedes e devolvades todos os libros que vos prestamos para este ano e intentedes conseguir todos os que poidades

Nos vindeiros días iremos informándovos sobre:
  • As datas de recollida e entrega dos libros
  • Todo o que vaiamos sabendo sobre os cambios provocados pola aplicación da LOMCE

¡¡¡¡ INVOLUCRÁDEVOS EN BENEFICIO DE TOD@S !!!! 

jueves, 4 de junio de 2015

CONVOCATORIA ASAMBLEA ORDINARIA

Este luns, día 8 de xunio, convocámosvos á reunión que terá lugar na Sala de Usos Múltiples do Centro

  • Primeira Convocatoria: 16:00 horas
  • Segunda Convocatoria: 16:30 horas

Na que trataremos os seguintes temas:

  1. Lectura e aprobación da Acta anterior, se procede
  2. Estado de Contas
  3. Aprobación das cotas de socios/as para o curso 2015 - 2016
  4. Aprobación dos prezos das taquillas  para vindeiro curso
  5. Proxecto de Intercambio de Libros e as novidades para o vindeiro ano académico. Estará presente o director do centro, Cristóbal, para explicar cómo se xestionará o intercambio de libros do Centro e os cheques para a sua adquisición.
  1. Turno de rogos e preguntas
Sen mais, esperamos contar coa vosa presenza en beneficio de todos

jueves, 28 de mayo de 2015

"1º CAMPUS DE XADREZ PACO VALLEJO"

Este campus contará con PACO VALLEJO (Gran Maestro Internacional, 1º xogador do ranking español e top mundial), baixo cuxa dirección o equipo de profesores intentará e facilitará o estudo de todas as fases do xogo.  
Torneos temáticos, sesións simultáneas, etc. mentres gozan da natureza e do deporte nas instalacións en Mondariz Balneario.

Estas actividades prolongaranse do 26 de xullo ao 2 de agosto de 2015

Para máis información sobre as bases, podedes consultar a web: www.ajedrezmarcote.org


miércoles, 8 de abril de 2015

HOMENAXE NO IES TERRA DE TRASANCOS A DON JOSÉ RICARDO LORENTE SOTO

Bos días!!!

A Dirección do IES Terra de Trasancos celebrará un acto-homenaxe ao que foi o noso Director D. José Ricardo Lorente Soto, ás 12:10 horas no Salón de Actos do noso centro. 
 
Será un sinxelo acto onde descubrirán unha placa recordatorio e que contará coa presenza da súa muller e fillos.


jueves, 12 de febrero de 2015

XIII XORNADA DE NAIS E PAIS EDUCANDO EN IGUALDADE

Bos días!!!

A secretaria Xeral da Igualdade está a organizar a XIII Xornada Galega de Nais e Pais:

"Educando en Igualdade. Uso sen abuso de videoxogos e smartphones"

para nais e pais e as súas fillas e fillso e quen ten como obxectivo abordar a problemática do sexismo nos videoxogos e teléfonos intelixentes, así como, evitar o seu uso abusivo.

Día: 21 de febreiro de 2015
Lugar: EGAP R/Madrid, 2-4 (Santiago de Compostela)
Prazo de Inscrición: ata o 19 de febreiro de 2015