jueves, 22 de mayo de 2014

Convocatoria Asamblea ANPA

Convocámosvos á Asamblea que terá lugar o vindeiro 27 de maio as 16:15 horas na sala de usos múltiples do centro para tratar a seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación da acta anterior, se procede
2. Aprobación da cota de socios e dos prezos das taquillas
3. Proxecto de intercambio de libros
4. Estado de contas
5. Informarvos sobre os autobuses para os alumnos/as de bachiller
6. Turno de rogos e preguntas

Esperamos a vosa asistencia, coa participación de todos, seguiremos adiante

martes, 13 de mayo de 2014

Campaña do "BANCO DE LIBROS" para o vindeiro curso 2014-2015


Vos propoñemos a participación na campaña de entrega e recollida de libros tanto da ESO como de Bacharelato.

A nosa intención é, un ano máis, a de conseguir que tod@s poidamos dispoñer de libros co aforro que isto supón para os nosos petos.

Nos vindeiros días, poñerémonos en contacto con vos para coñecer a vosa disposición a participar neste novo proxecto.

"ANIMÁDEVOS, ESPERAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN"

jueves, 8 de mayo de 2014

Nova Campaña de colaboración coa Fundación GLORR

Unha vez máis pedimos a vosa colaboración na campaña de recollida de textil, roupa e calzado usado en beneficio da ONG Global Humanitaria e destinada para os nenos e nenas do noso país. Nos vindeiros días faremos entrega das  bolsas aos rapaces e rapazas (aínda que podedes usar calquera outra).

Na  ANPA dispoñeremos unha zoa onde poderedes depositar a vosa bolsa. A data límite para facelo será ata o próximo día 30 deste mes de maio.

Gracias pola vosa colaboración