jueves, 18 de diciembre de 2014

PREMIADOS CESTAS DO NADAL

Os afortunad@s gañadores das cestas que sorteavamos entre os socios/as desde ANPA foron:

         Sandra López - 2º ESO
         Antón Díaz - 2º ESO
         Samuel González - 4º ESO
         Ángela Palmeiro - 2º BACH

PARABÉNS !!!

jueves, 11 de diciembre de 2014

Sorteo das Cestas de Nadal

Bos días!!!!

O próximo xoves día 18 faremos o sorteo das Cestas de Nadal no primeiro recreo, rogamos asistencia por parte dos nen@s, un/unha  del@s será a mán inocente para extraer os números agraciados.

Os que non estén presentes  nese momento se lles avisará por teléfono.

MOITA SORTE!!!!!


miércoles, 10 de diciembre de 2014

Charlas "ESCOLA DE FAMILIAS"

O Instituto e a Anpa  convídavos  a participar nestas o próximo martes día 16 de decembro ás 17:00 h na aula de usos múltiples.

"os formando grupos de nais e pais que desexen dar un paso máis na súa convivencia familiar. Este novo curso decidimos ir mais alá das típicas escolas de pais  e  nais, incluíndo temas como: análise e detección de problemáticas familiares, establecemento de normas e límites, aprendizaxe detécnicas de modificación da conducta, resolución de conflictos, estratexias de educación emocional,etc.  Ademáis  da creación de ferramentas  para  seguir  aprendendo en casa:  Facebook e plataformasonline".


ANIMÁDEVOS!!!!

Solicita a túa folla de inscripción e ponte en contacto con 
JESSICA (ORIENTADORA) - Telf: 981 38 00 33 
 

Nova Campaña de Colaboración coa Cociña Económica

Boas Tardes!!!

Un ano máis pedímos a vosa participación na Campaña de Recollida de Produtos non Perecedeiros para a Cociña Económica.

Dende este xoves 11 ata o vindeiro día mércores 17 de decembro, podedes depositar a vosa colaboración nunhas caixas situadas na entrada do centro (fronte a conserxería).

Grazas pola vosa participación

lunes, 17 de noviembre de 2014

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Recordade que está aberto o prazo para presentarse ás eleccións dos representantes de nais, pais e titores/as legais ao Consello Escolar, se tedes algunha dúbida, podedes consultar a páxina do Instituto no seguinte enlace:


NON OLVIDEDES QUE É IMPORTANTE A NOSA REPRESENTACIÓN

CONVOCATORIA DE ASAMBLEA EXTRAORDINARIA

          Estimados pais/nais e titores legais:

          Convocámosvos á Asamblea Extraordinaria que tera lugar o vindeiro 25 de novembro ás 16:15 horas (1ª convocatoria) na sala de Usos Múltiples do Centro coa seguinte orde do día:

  • Renovación da Xunta Directiva

         A continuación faremos a Asamblea Ordinaria cos seguintes puntos:
  • Lectura e aprobación da acta anterior se procede
  • Sorteo de 4 lotes navideños entre os socios/as da ANPA
  • Campaña de colaboración coa Cociña Económica
  • Proposta de modificación dos Estatutos
  • Rogos e preguntas
           Esperamos contar coa vosa participación é imprescindible para a continuidade desta Asociación.


jueves, 16 de octubre de 2014

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Bos días!!


Dende o centro nos informan que está aberto o prazo para a elección dos membros do Consello Escolar. Tod@s aqueles que estén interesado@s poden recabar máis información no Centro.

viernes, 10 de octubre de 2014

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!!

A campaña de recollida de roupa foi todo un éxito, queremos transmitirvos o agradecemento da Fundación GLORR, da ONG ACCIÓN HUMANITARIA e desta directiva.


Moitas grazas!!!

lunes, 29 de septiembre de 2014

Reparto de Taquillas

Novamente, Bos Días!

dende o ANPA queremos lembrarvos que aqueles rapaces e rapazas que alugaron as taquillas para este curso 2014-2015, poden pasar polo noso local para elexir a que desexen.

Lembrade que estamos os Xoves de 10:00 a 11:00 horas.

Fundación GLORR E ONG ACCIÓN HUMANITARIA

Bos días,

novamente pedímos a vosa colaboración nestes tempos tan difíciles. Como xa sucedeu nos meses anteriores, a ONG Acción Humanitaria e a Fundación GLORR piden a vosa participación na recollida de roupa textil, do fogar e calzado para as persoas máis necesitadas do noso país.

Coma nas edicións anteriores, podedes depositalas bolsas na porta do ANPA. A data límite é ata o vindeiro 7 de outubro.

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!

lunes, 1 de septiembre de 2014

ULTIMA ETAPA DO BANCO DE LIBROS


BENVIDOS!!!

Novamente iniciamos a campaña de recollida e entrega de libros desta convocatoria de setembro. Polo que nos comentaron no Centro:

A entrega das Notas:
  • 2º de Bachiller:     O día 4 ás 10:00 horas
  • Resto de cursos:  O día 5 ás 10:00 horas
 Días de Matrícula:                         
  • 4º da ESO, 1º e 2º de Bachiller:  O día 5
  • 1º - 2º - 3º   da ESO: Os días 8 e 9
(Podedes consultar a web do instituto por se hai algunha modificación)

ENTREGA no Local da ANPA: o día 5 e o día 8 de 11:00 a 13:00 horas

RECOLLIDA no Local da ANPA: o día 10 de 11:00 a 13:00 horas  
                                                         (Os de xuño poden vir por se temos algún libro, a maiores,  para prestarles)


AQUELES QUE NON POIDERON DEVOLVER OS LIBROS DESTE CURSO PASADO, LEMBRADE QUE TEDES QUE DEVOLVELOS PARA QUE A CADEA SIGA ADIANTE!!!

martes, 19 de agosto de 2014

BECAS BACHARELATO 2014 - 2015

Xa que o bacharelato non é ensiñanza obrigatoria e polo tanto non conta coa axuda para mercar os libros de texto, os alumnos e alumnas que pretendan continuar os seus estudos de bacharelato, poden solicitar unha beca ou axuda. O prazo finaliza o vindeiro 30 de setembro.

Para máis información poden consultar a sede electrónica de educación - catálogo de trámites e servizos ou pulsando no seguinte enlace:

miércoles, 2 de julio de 2014

PRIMEIRA ETAPA DO BANCO DE LIBROS

Hoxe finaliza a primeira parte deste proxecto que, coa vosa colaboración, está sendo moi exitoso.

Lémbrade que aínda faltan os libros das nenas e nenos que acuden á convocatoria de setembro o que nos permitirá ter máis libros para préstamo. Xa vos informaremos sobre os días que estaremos no local do ANPA. Os que veñan doutros centros tamén poden participar. 

Algúns nenos e nenas non os trouxeron ou lles faltaba algún.
 
É moi importante lembrar que os libros prestados o ano anterior ai que devolvelos para que a cadea continúe. Facede unha revisión por se os atopades (a solidaridade é o que promove este proxecto, participa e implícate é polo ben de tod@s)

 ¡¡¡ FELIZ VERÁN !!!
 

jueves, 12 de junio de 2014

CAMPAÑA "BANCO DE LIBROS"

Este ano seguimos co proxecto do Banco de Libros. As datas establecidas son as seguintes:

ENTREGA no Local da ANPA
  • XUÑO: 25 - 26 - 27 de 10:00 a 12:00 horas
  • SEPTEMBRO: Poñerase no taboleiro de anuncios e neste blog coincidindo cos días de matrícula 

RECOLLIDA no Local da ANPA:
  • XUÑO: 1 - 2 de 10:00 a 12:00 horas
  • SEPTEMBRO: Poñerase no taboleiro de anuncios coincidindo cos días de matrícula


jueves, 22 de mayo de 2014

Convocatoria Asamblea ANPA

Convocámosvos á Asamblea que terá lugar o vindeiro 27 de maio as 16:15 horas na sala de usos múltiples do centro para tratar a seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación da acta anterior, se procede
2. Aprobación da cota de socios e dos prezos das taquillas
3. Proxecto de intercambio de libros
4. Estado de contas
5. Informarvos sobre os autobuses para os alumnos/as de bachiller
6. Turno de rogos e preguntas

Esperamos a vosa asistencia, coa participación de todos, seguiremos adiante

martes, 13 de mayo de 2014

Campaña do "BANCO DE LIBROS" para o vindeiro curso 2014-2015


Vos propoñemos a participación na campaña de entrega e recollida de libros tanto da ESO como de Bacharelato.

A nosa intención é, un ano máis, a de conseguir que tod@s poidamos dispoñer de libros co aforro que isto supón para os nosos petos.

Nos vindeiros días, poñerémonos en contacto con vos para coñecer a vosa disposición a participar neste novo proxecto.

"ANIMÁDEVOS, ESPERAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN"

jueves, 8 de mayo de 2014

Nova Campaña de colaboración coa Fundación GLORR

Unha vez máis pedimos a vosa colaboración na campaña de recollida de textil, roupa e calzado usado en beneficio da ONG Global Humanitaria e destinada para os nenos e nenas do noso país. Nos vindeiros días faremos entrega das  bolsas aos rapaces e rapazas (aínda que podedes usar calquera outra).

Na  ANPA dispoñeremos unha zoa onde poderedes depositar a vosa bolsa. A data límite para facelo será ata o próximo día 30 deste mes de maio.

Gracias pola vosa colaboración

miércoles, 23 de abril de 2014

Rally Matemático Sen Fronteiras

PARABENS!!!!

O equipo de alumnos e alumnas do noso centro resultou vencedor desde Rally Matématico na fase autonómica.

A coordinadora Consuelo Castro Vázquez pediunos a colaboración para subvencionar o seu desprazamento á fase final desde certame que se vai celebrar en Toulouse (Francia) a finais desde mes de maio.

 Dende a directiva decidimos colaborar económicamente cunha cantidade dentro das nosas posibilidades.

Ferrol360.es

martes, 28 de enero de 2014

Novo Horario

A partir do mes de febreiro o novo horario será os xoves de 10:00 a 11:00h

De todos os xeitos para calquer consulta podedes contactar con nos a traves do noso correo electrónico ou mediante o Blog.


Saúdos da ANPA