jueves, 5 de diciembre de 2013

Campaña Recollida de Roupa

Boas tardes,

Hoxe finalizou a campaña de recollida de roupa na que colaboramos coa FUNDACIÓN GLORR. Dende o ANPA queremos agradecervos a todos e todas a vosa desinteresada colaboración. GRAZAS.

Tamén queremos recordarvos que continúa aberta a colaboración na recollida de alimentos para a Cociña Económica ata o día 19 de decembro, a vosa axuda e importante. Podedes aportar calquera producto non perecedeiro.


Nova ruta de transporte

Boas tardes,

como xa vos comentamos na reunión do pasado día 26, existe una nova ruta privada de transporte ofrecida por Autos Paco nunhas condicións moi interesantes.


Se queredes máis información, poñédevos en contacto coa Compañía.