martes, 28 de mayo de 2013

BANCO DE LIBROS I.E.S. TERRA DE TRASANCOS

Dende a nosa asociación estamos promovendo o "Proxecto de Intercambio de Libros"; ata o momento só contamos coa resposta dos nen@s de ESO. A nosa intención é a de conseguir que tod@s poidamos dispoñer de libros co aforro que isto supón para os nosos petos.

A participación é voluntaria, tentaremos conseguir os libros para tódolos cursos, ainda que non tivemos ningunha resposta dos alumno@s de Bacharelato. Isto supón que non teremos libros nin de 1º nin de 2º.

"ANIMÁDEVOS, ESPERAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN"

Temos aberto o prazo para recibir a vosa resposta ata o 14 de xuño.

martes, 14 de mayo de 2013

"CORO SOLIDARIUM" I.E.S. Terra de Trasancos

Este ANPA financiou as camisetas dos membros do coro que dirixe a profesora de música Graciela e que utilizarán para as distintas actuacións.

Dáselles a posibilidade de adquirilas, os socios da ANPA teñen un prezo especial; a outra opción é o sistema de préstamo.

Se estades interesados/as nelas, pasade pola ANPA.


XA TEMOS LOGO!!!!!     
GRAZAS A TÓDOLOS PARTICIPANTES!!!

A súa autora é Ana Isabel de 3º, que recibiu un cheque regalo por valor de 30,00€. Como premio a tódolos participantes entregóuselles uns vales por un valor de 3,00€ para consumir na cafetería do centro.

O noso especial agradecemento a Merchi (da cafetería) e a Beatriz (profe de plástica) pola súa colaboración.