jueves, 5 de diciembre de 2013

Campaña Recollida de Roupa

Boas tardes,

Hoxe finalizou a campaña de recollida de roupa na que colaboramos coa FUNDACIÓN GLORR. Dende o ANPA queremos agradecervos a todos e todas a vosa desinteresada colaboración. GRAZAS.

Tamén queremos recordarvos que continúa aberta a colaboración na recollida de alimentos para a Cociña Económica ata o día 19 de decembro, a vosa axuda e importante. Podedes aportar calquera producto non perecedeiro.


Nova ruta de transporte

Boas tardes,

como xa vos comentamos na reunión do pasado día 26, existe una nova ruta privada de transporte ofrecida por Autos Paco nunhas condicións moi interesantes.


Se queredes máis información, poñédevos en contacto coa Compañía.

martes, 19 de noviembre de 2013

Convocatoria Asemblea da ANPA

A ANPA convócavos en asamblea para tratar varios puntos.

Contamos coa vosa asistencia


DIA:              26 DE NOVEMBRO DE 2013

HORA:         Primera convocatoria ás 16:15h

                       Segunda convocatoria ás 16:45h

LUGAR:       Sala de Usos Multiples do centro 


ORDE DO DÍA:

1: Lectura e aprobación da acta anterior se procede

2: Información nova línea de transporte

3: Campaña de colaboración coa Cociña Económica e a Fundación Glorr

4: Sorteo de 4-lotes navideños entre os socios/as da ANPA

5: Rogos e preguntas





martes, 22 de octubre de 2013

Actividades ofertadas polo Concello



                         Ábrese o prazo de preinscripción para as actividades organizadas para os alumnos/as da ESO polo Servizo Sociocomunitario do Concello de Narón (Podedes apuntarvos en máis dunha actividade):

Actividade
Lugar
Horario
Duración
Precio/Actividade
ACTIVAXOVE
Nun centro escolar
2 h/semanais
De
Outubro
a
Maio
8,01 €
ESCOLA DE FAMILIA
OBRADOIRO DE GRAFFITI
Casa da Mocidade
OBRADOIRO DE VOCES
E MÚSICA


Charla
Lugar
Horario
Duración
Dirixido a:
Ob. Coeducación
No centro escolar
4 sesións de 50 minutos
Novembro ou decembro
 alumnos/as
mestrado
familias


                Este venres lles entregarán no instituto o impreso de solicitude, cubrídeo coa vosa resposta e depositádeo no buzón da ANPA do Centro ata o martes 29 de outubro. 

miércoles, 18 de septiembre de 2013

"Fin de Campaña BANCO DE LIBROS"


GRAZAS A TODOS E TODAS 

Pola vosa participación no proxecto de intercambio de libros.

Lembrade que tedes que mantelos nas mellores condicións e devolvelos despois de terminar o curso para que a cadea poida continuar.

  Depende de vós a continuidade desta iniciativa que é en beneficio de todos/as

martes, 10 de septiembre de 2013

Inicio do curso 2013/14


O curso 2013/2014 vai comezar o vindeiro luns día 16 de setembro. A presentación vai ter lugar entre as 10:30 e as 11:30, con servizo de autobuses.

(recomendase estar na parada media hora antes da entrada para garantir a recollida)

martes, 3 de septiembre de 2013

"BANCO DE LIBROS"


O proxecto do Banco de Libros segue adiante. As datas establecidas son as seguintes:


Entrega no local da ANPA:
Luns 9 de Setembro de 10:00 a 13:00
Recollida no lo local da ANPA:
Martes 10 de Setembro de 10:00 a 13:00

martes, 18 de junio de 2013

"BANCO DE LIBROS"

"BANCO DE LIBROS"

O proxecto do Banco de Libros segue adiante, ainda que coa escasa participación dos nenos/as de Bacharelato (ata o momento só temos dous participantes). As datas establecidas son as seguintes:

Entrega no local da ANPA:
a) Xuño: 26 - 27 - 28 de 10:00 a 12:00 horas
b) Setembro: Poñerase no taboleiro de anuncios coincidindo cos días de matrícula

Recollida no local da ANPA:
a) Xullo: 1 - 2 de 10:00 a 12:00 horas
b) Setembro: Poñerase no taboleiro de anuncios coincidindo cos días de matrícula

domingo, 2 de junio de 2013



A revista CONVIVES;

Tráenos como tema o

CIVERACOSO na escola

Moi interesante para todos os pais e nais



martes, 28 de mayo de 2013

BANCO DE LIBROS I.E.S. TERRA DE TRASANCOS

Dende a nosa asociación estamos promovendo o "Proxecto de Intercambio de Libros"; ata o momento só contamos coa resposta dos nen@s de ESO. A nosa intención é a de conseguir que tod@s poidamos dispoñer de libros co aforro que isto supón para os nosos petos.

A participación é voluntaria, tentaremos conseguir os libros para tódolos cursos, ainda que non tivemos ningunha resposta dos alumno@s de Bacharelato. Isto supón que non teremos libros nin de 1º nin de 2º.

"ANIMÁDEVOS, ESPERAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN"

Temos aberto o prazo para recibir a vosa resposta ata o 14 de xuño.

martes, 14 de mayo de 2013

"CORO SOLIDARIUM" I.E.S. Terra de Trasancos

Este ANPA financiou as camisetas dos membros do coro que dirixe a profesora de música Graciela e que utilizarán para as distintas actuacións.

Dáselles a posibilidade de adquirilas, os socios da ANPA teñen un prezo especial; a outra opción é o sistema de préstamo.

Se estades interesados/as nelas, pasade pola ANPA.


XA TEMOS LOGO!!!!!     
GRAZAS A TÓDOLOS PARTICIPANTES!!!

A súa autora é Ana Isabel de 3º, que recibiu un cheque regalo por valor de 30,00€. Como premio a tódolos participantes entregóuselles uns vales por un valor de 3,00€ para consumir na cafetería do centro.

O noso especial agradecemento a Merchi (da cafetería) e a Beatriz (profe de plástica) pola súa colaboración.

martes, 19 de marzo de 2013

O Logo da ANPA do centro

A ANPA "Pérez Alberti" do IES Terra de Trasancos está a necesitar un logo e para iso quere contar coa axuda de todos os alumnos do centro.
Convoca o concurso "Necesitamos un logo"